Por parte da Consellería de Economía,Emprego e Industria considérase que, por razóns de prevención, debe extenderseaos centros e entidades de formación que, no ámbito territorial de Galicia,impartan accións formativas de formación profesional para o emprego, así comona parte presencial na modalidade de teleformación, xestionadas e/oufinanciadas pola Xunta de

Galicia, as medidas que se contemplan noacordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020, comoconsecuencia da evolución da epidemia do coronavirus.

Deste xeito, ademais das medidas especiaisde carácter xeral, serán de especial aplicación no referido ámbito as medidascontempladas no eido educativo, para os mesmos periodos.


Estas instrucións refírense a calqueratipo de actividade formativa profesional para o emprego, en modalidadepresencial, desenvolvida no territorio galego, e tamén se aplicarán aosobradoiros de emprego e aos programas integrados de emprego e á actividadeformativa e complementaria que se desenvolva na rede de centros de formaciónpúblicos.

As actividades formativas na modalidade deteleformación, poderán desenvolverse, excepto na súa parte presencial, sempreque se cumpran as medidas especiais de carácter xeral e as específicas quesexan de aplicación.

A suspensión da actividade formativaimplicará a non asistencia do alumnado durante o periodo establecido por estasinstrucións, incluíndo a suspensión das prácticas que se realicen en calqueracentro de traballo do ámbito territorial de Galicia.

Nas actividades formativas financiadaspola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través de axudas esubvencións, os prazos de execución e de xustificación adecuaranse, no seucaso, aos períodos de suspensión.

A xustificación de custos, a imputación decustos laborais, de alugueres de espazos e equipamentos, instalacións ecalquera outro gasto que resulte ineludible para os centros e entidadesbeneficiarias e empresas durante os periodos de suspensión, e que se acreditendebidamente, poderán ser xustificables, sen que de ningún xeito isto supoña oincremento da subvención concedida.

A suspensión so afectará á asistencia doalumnado ás accións formativas, de tal maneira que se aplicará ao persoaldocente e de apoio dos centros de formación as directrices que estes establezansobre a asistencia ou actuacións para realizar durante os periodos desuspensión, en aplicación da normativa laboral, e considerando en todo caso asmedidas que se poidan adoptar polas autoridades sanitarias.

A falta de asistencia do alumnado poraplicación desta instrución terá a consideración de falta xustificada, pero nondará dereito á percepción de bolsas e axudas reguladas polo procedementoTR301V, de ser o caso, no período de suspensión da actividade formativa.

No ámbito das unidades formativas enempresas, financiadas con cargo aos procedementos TR301P e TR310A, poderápermitirse a asistencia do alumnado á actividade formativa que se desenvolva eninstalacións de empresas beneficiarias que non teñan a condición de entidadesou centros de formación, sempre que así o permitan as directrices da autoridadelaboral e

considerando en todo caso as medidas quese poidan adoptar polas autoridades sanitarias, e previa autorización daxefatura territorial correspondente.

A vixencia destas instrucións será de 14días naturais, sen prezuízo da súa prórroga e revisión transcorrido o prazoinicialmente previsto e en atención aos acordos que vaia adoptando ao respectoo Consello da Xunta e a Consellería de Sanidade.